Programa de Puntos de tendas por Vigo

Acceso privado

Acceso a súa área privada de cliente

Olvidou a súa chave?

De tendas por vigo

Programa para a promoción do comercio vigués

O portal web "de tendas por Vigo", é un proxecto dinamizado dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio do Concello de Vigo para potenciar o Comercio Vigués.

DE TENDAS POR VIGO é:

  • Unha aposta de potenciación do comercio local.
  • Unha aposta pola incorporación do comercio ás novas tecnoloxías.
  • Unha proposta para a fidelización dos consumidores ó pequeno e mediano comercio de Vigo.

FASES DO PROXECTO:

1ª fase: Consolidación do directorio informático no portal “de tendas por Vigo” do maior número de comercios de Vigo.

En colaboración coas asociacións de comerciantes de Vigo, a contorna web: www.detendasporvigo.com, ofrecerá de maneira gratuíta e universal a posibilidade de configurar a presenza de calquera establecemento comercial no primeiro directorio do comercio de Vigo en internet.

Este directorio posibilitará a busca dunha maneira áxil de comercios a través do portal www.detendasporvigo.com. Así mesmo cada Asociación de Comerciantes poderá tamén destacar os comercios asociados.

Para esta fase, o proxecto porá a disposición dos comercios de Vigo un servizo de asistencia técnica para poder cumprimentar os requisitos mínimos para achegar a información de cada comercio ó portal web.

SI TES UN COMERCIO E QUERES PARTICIPAR NO PROXECTO, CONSULTA AS CONDICIÓNS BÁSICAS PARA O ACCESO O DIRECTORIO "DE TENDAS POR VIGO".

AVISO LEGAL